
Fuente: www.compostelacapitalcultural.org/
Praza da Quintana
Acceso gratuíto
Galicia. Malabares y magia cómica. Todas las edades
Roi Sixto
Roi o Cagabolas
Malabares con mazas, diábolo, pelotas e incluso hoces… un completo espectáculo que auna magia, clown, humor y malabares.
No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malabares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos. A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público. Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega.


